Benqueridas familias,
Lembrade que ata o día 17 de setembro estará aberto o prazo de inscrición nas actividades extraescolares para o curso 2024/2025!
A confirmación das actividades nas que finalmente se cree grupo (por haber suficientes persoas inscritas nelas) farase na segunda quincena deste mes de setembro e as actividades comezarán no mes de outubro.
No arquivo que vos enviamos podedes ver o horario no que se desenvolverán e atoparedes información sobre como realizar a inscrición e a descrición das clases, prezos e condicións para que as propostas poidan saír adiante.
Mantéñense case todas as actividades que se ofreceron os cursos anteriores (algunhas tivemos que deixar de ofertalas por causas alleas a nós, como patinaxe, que non se pode seguir impartindo debido ao estado do patio); e inclúense as extraescolares máis votadas na enquisa que realizamos entre as familias antes das vacacións de verán.
Tedes toda a información nesta ligazón.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario