viernes, 3 de mayo de 2024

CAMPAMENTO DE VERÁN NO COLEXIO

Benqueridas familias,


Facémosvos chegar a información de SerOcio sobre os campamentos que están a preparar para os meses de verán, entre eles, un ano máis, no noso CEIP Cidade Vella. Neles organizaranse xogos, deportes, obradoiros manuais, excursións e moitas actividades para a rapazada.


As familias poderán elixir as semanas (ou días soltos) que precisen desde o 25 de xuño ata o 31 de agosto, e haberá servizos de comedor e madrugadores. As prazas asignaranse por orde de inscrición, e nelas terá preferencia o alumnado do centro e, dentro deles, os socios da ANPA.


Podedes ampliar esta información e realizar a vosa reserva de praza nesta ligazón.




Unha aperta!

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario