Benqueridas familias,
Xa está aberto o prazo de inscrición para o curso 2023/2024 para ser socios da ANPA Herrerías do noso CEIP Cidade Vella. Lembramos que é necesario:
- Inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende o formulario que está nesta páxina web.
- Pagar anualmente a cota de 20 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.
- Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com) poñendo no concepto o nome dos nenos e os seus apelidos.
Adiantámosvos tamén que o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores estará aberto do 1 ao 30 de agosto.
A través da empresa Jardanay ofreceranse servizos diarios, esporádicos ou en días puntuais que, nos casos de comedor e madrugadores con almorzo contemplan necesidades alimentarias especiais, como dietas brandas ou alerxias e intolerancias alimentarias.
O servizo ofrecido é de liña quente, que quere dicir que o centro non dispón de cociña in situ, pero a comida se prepara nas naves da empresa e se leva quente ao centro, sen pasar por ningún proceso de conservación a maiores. Nos menús priman os productos locais e de tempada.
Ademais, Jardanay volve a ofrecer ás familias con rapaces en Educación Infantil o servizo de Cambiadores, mediante o que persoal desta empresa desprazarase ao centro escolar para cambiar aos nenos se é preciso.
A inscrición realizarase a través da web de Jardanay cos seguintes identificadores:
- Usuario: cidadevella
- Contrasinal: comedores2023
Por último, lembramos que a solicitude da bolsa comedor non equivale a un posto no comedor do colexio, polo que é preciso facer a inscrición tal e como se vén de explicar. Ademais, mentres non estea concedida a bolsa débese pagar igualmente o servizo á empresa Jardanay.
Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedesvos poñer en contacto con nós no noso correo electrónico: apaherrerias@gmail.com.
Unha aperta e feliz verán!!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario