Benqueridas familias,
Dende a Dirección co colexio infórmannos de que o luns, 8 de maio, de 17.30 a 19.00 h, terá lugar a presentación para toda a comunidade educativa do proxecto de reestruturación de espazos do centro.
A presentación será realizada polo arquitecto Fermín Blanco, quen leva dous cursos impartindo este seminario dentro do plan anual de formación do profesorado.
Dende o CEIP Cidade Vella pídennos ás familias que acudamos á xuntanza para coñecer o proxecto, colaborar e achegar suxestións e novas ideas; e que confirmemos a nosa asistencia no correo electrónico do centro: ceip.cidade.vella@edu.xunta.gal.
Unha aperta,
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario