Benqueridas familias,
Nas próximas semanas cada actividade extraescolar organizará unha mostra ou xornada de portas abertas ás familias para que poidades ver e desfrutar dos progresos da rapazada. Facémosvos chegar o cadro coas datas das distintas exhibicións, que este ano terán lugar no propio colexio.
Cada actividade ten marcado o horario do inicio da exhibición, que non sempre coincide co comezo da clase. Pregamos MÁXIMA PUNTUALIDADE ás familias para non entorpecer o funcionamento do centro: de non estar presente no momento de apertura da porta do colexio non se poderá acceder despois.
Ás mostras poderán acudir dous familiares por alumno, excepto nas actividades de Brain e judo, ás que só poderá acudir unha persoa por cada neno.
Ademais, lembrámosvos que este curso o servizo das actividades extraescolares ampliouse para incluír o mes de xuño ata o remate do período lectivo, sempre que non haxa baixas que obriguen á cancelación da actividade por non cumprir o número mínimo de inscritos. Neste caso, buscaremos solucións de conciliación alternativas.
Se alguén ten intención de causar baixa nalgunha actividade extraescolar o próximo mes de xuño, por favor, que nolo comunique o antes posible enviando un email ao correo apaherrerias@gmail.com co fin de reorganizar os grupos coa maior celeridade.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario