Benqueridas familias:
O próximo mércores, día 9, no Centro Cívico Cidade Vella, a partir das 16:30 h. terá lugar o obradoiro para familias dentro do proxecto Medrando en Igualdade 2, organizado un ano máis pola ANPA Herrerías.
A través desta actividade ofrécese unha oportunidade perfecta para analizar a contorna na que educamos aos nosos fillos e fillas e identificar os estereotipos presentes na nosa sociedade, sempre desde a perspectiva da educación emocional.
👉🏽 Como apuntarse?
Enviando un correo a apaherrerias@gmail.com
Asunto: Obradoiro para familias
Indicar no texto do correo o nome completo e se se pertence ao Ceip Cidade Vella
Unha aperta,
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario