Benqueridas familias,
A comunidade educativa do CEIP Cidade Vella será beneficiaria un curso máis dos obradoiros de promoción de igualdade, que se realizarán nas próximas semanas grazas ao traballo da ANPA Herrerías e á subvención recibida pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia (DOG núm. 55, do 21 de marzo).
A programación incluirá actividades tanto para o alumnado do centro como para as familias:
👉🏽27 de outubro: XINCANA POLA IGUALDADE, dirixida a todos os cursos de primaria agrupados por ciclos (1° e 2°, 3° e 4°, 5° e 6°). En cada unha das sesións (dunha hora de duración) os grupos, despois da lectura dun conto, deberán superar diversas probas.
👉🏽9 de novembro: CHARLA PARA AS FAMILIAS, da que vos ampliaremos información nos próximos días.
👉🏽 24 de novembro: Espectáculo de narración oral ROSA e AZUL dirixido ao alumnado de EI e primeiro ciclo de primaria.
Unha aperta,
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario