Benqueridas familias,
Mañá comeza o novo curso escolar e, con el, os servizos de madrugadores e comedor que ofrecemos un ano máis a través da empresa Jardanay (aos que se suma como novidade o servizo de cambiadores).
No comedor, debido á capacidade do recinto e ao número de nenos apuntados, realizaranse dúas quendas de comidas. Recomendamos que os alumnos leven un estoxo con cepillo e pasta de dentes (que non poderán deixar no colexio, polo que o deberán traer todos os días na mochila) e, no caso dos máis pequenos, que leven una muda de roupa para deixar no centro.
Haberá dous horarios de saída do comedor: ás 15:30 h e ás 15:50 h. Non é un horario continuo: a porta pecharase entre estas dúas horas, polo que quen non poida chegar ás 15:30 h deberá agardar ás 15:50 h para recoller aos seus nenos.
Debido ás obras que se van realizar na porta lateral do patio, ao principio do curso todo o alumnado sairá pola porta principal.
Por último, e como xa sabedes, ata o día 15 deste mes segue aberto o prazo de preinscrición para as actividades extraescolares; podedes atopar toda a información neste mesmo blog ou no noso canal de Telegram.
Recordade que tanto para participar nas extraescolares como para obter unha praza no comedor é imprescindible ser membro da ANPA e pagar anualmente a cota de 15 euros por familia.
Bo comezo de curso!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario