Benqueridas familias,
Dende hoxe e ata o 15 de setembro está aberto o prazo de preinscrición para as actividades extraescolares do próximo curso 2022-2023.
Poñemos á vosa disposición o dossier informativo da proposta de actividades ampliado co método de preinscrición:
- Faranse todas (a excepción de judo e patinaxe) a través desta ligazón.
- A inscrición en judo debe facerse nesta ligazón.
- E a inscrición en patinaxe faise a través desta ligazón.
Lembramos que, como se explica no dossier, para poder participar nestas actividades son condicións indispensables:
- Que a familia sexa socia da ANPA (o formulario de inscrición está neste mesmo blog) e ter aboada a cota anual de 15 euros por familia (independentemente do número de fillos).
- Pagar unha cota de matriculación de 20 euros anuais por neno (que servirá para financiar o servizo de coordinación de actividades e o seguro de accidentes).
Se tedes dúbidas podedes envialas, coma sempre, ao noso mail apaherrerias@gmail.com.
Unha aperta!
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario