martes, 5 de julio de 2022

INSCRICIÓN NOS SERVIZOS DE COMEDOR, MADRUGADORES E CAMBIADORES

Benqueridas familias, 


Informámosvos de que o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores estará aberto do día 10 ao 30 de agosto. Como xa se fixo nos últimos anos, realizarase a través da web de Jardanay cos seguintes identificadores:

  • Usuario: cidadevella 
  • Contrasinal: comedores2022


Lembramos que para poder utilizar estes servizos é IMPRESCINDIBLE

  1. Ser socios da ANPA. É necesario inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende o apartado Inscrición ANPA desta mesma páxina web.
  2. Pagar anualmente a cota de 15 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.
  3. Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com).


Por último, lembramos que a solicitude da bolsa comedor non equivale a un posto no comedor do colexio, polo que é preciso facer a inscrición tal e como se vén de explicar. Ademais, mentres non estea concedida a bolsa débese pagar igualmente o servizo á empresa Jardanay. 





Unha aperta e feliz verán!!


ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario