lunes, 4 de julio de 2022

AVANCE PROPOSTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-2023

 Benqueridas familias,


Nas próximas semanas abrirase o prazo de preinscrición para as actividades extraescolares do próximo curso 2022-2023. 


Para que vaiades coñecendo a proposta de actividades, e para facilitar a organización e conciliación das familias, avanzámosvos xa un dossier informativo. Nel atoparedes os horarios, a descrición de cada unha delas, os seus prezos e o número de inscritos necesarios para que poidan saír adiante.


Para poder participar nestas actividades serán condicións indispensables:

  • que a familia sexa socia da ANPA (o formulario de inscrición está nesta ligazón) e ter aboada a cota anual de 15 euros por familia (independentemente do número de fillos)
  • pagar unha cota de matriculación de 20 euros anuais por neno (que servirá para financiar o servizo de coordinación de actividades e o seguro de accidentes). 


Avisarémosvos cando se abra o prazo de preinscrición e explicaremos entón como apuntarse a cada unha das actividades.


Se tedes dúbidas podedes envialas, coma sempre, ao noso mail apaherrerias@gmail.com.


Unha aperta!


ANPA Herrerías



No hay comentarios:

Publicar un comentario