lunes, 19 de octubre de 2026

📢 AVISO IMPORTANTE: NATACIÓN ESCOLAR 🏊‍♀️

lunes, octubre 19, 2026 0

  

Ola familias,

 

Tras aclarar co Concello a confusión sobre a parada do autobús, confirmamos que a recollida e entrega dos menores se realiza na parada:

 

A MAESTRANZA, METROSIDERO (Número 482)

 

Horarios:

Entrega: 16:50 h

Recollida: 18:25 h 

 

Grazas pola vosa colaboración e disculpade as molestias!

 

ANPA HERRERÍAS  


_____________________



📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA! 


💚 WHATSAPP

https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G


🌈INSTAGRAM

https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu


💙 TELEGRAM

https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg


🧡 BLOG

https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1

 

viernes, 2 de octubre de 2026

INFO NATACIÓN ESCOLAR

viernes, octubre 02, 2026 0

 Ola de novo, familias.


Compartimos con vós a información que nos chega sobre natación escolar (3º e 4º de Primaria).


Unha vez pechado o prazo ordinario de matrícula no programa de Natación Escolar 2026-2027, infórmase da apertura dun prazo extraordinario para a ocupación de prazas que han quedado libres, e que poden consultarse na páxina web municipal de Deportes en:


https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/natacion-escolar-outubro-a-maio/natacion-escolar-curso-2026-27



SOLICITUDE PRAZAS LIBRES: 


Do 1 ao 10 de outubro directamente na instalación deportiva correspondente ata finalización de prazas libres, SÓ SE PERMITIRÁ A INSCRICIÓN NA MESMA PISCINA, HORARIO E DÍAS DO COLEXIO NO QUE ESTÉ MATRÍCULADO/MATRICULADA.


Os colexios que acudan á Piscina Municipal de Riazor, e os colexios que acudan á Piscina Municipal de San Amaro: inscrición e aboamento da cota nas oficinas de rexistro da CD Riazor É necesario pedir cita previa no 010 de atención cidadá ou na seguinte ligazón: 


https://citaprevia.coruna.gal/citaprevia/?idCliente=3


INICIO ACTIVIDADE NATACIÓN PARA INSCRITOS NESTE PRAZO EXTRAORDINARIO: 15 de outubro.



_____________________



📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA! 


💚 WHATSAPP

https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G


🌈INSTAGRAM

https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu


💙 TELEGRAM

https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg


🧡 BLOG

https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1

martes, 29 de septiembre de 2026

CADRO DEFINITIVO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 26/27

martes, septiembre 29, 2026 0

 Ola familias,

Como xa sabedes este xoves, 1 de outubro, comezan as extraescolares! 👩🏻‍🔬🎭👐🏽⚽️🧘🏼‍♂️🥋

Aquí tedes o cadro definitivo, cos días, horarios, grupos e espazos de cada actividade 💚


ANPA HERRERÍAS


_____________________



📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA! 


💚 WHATSAPP

https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G


🌈INSTAGRAM

https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu


💙 TELEGRAM

https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg


🧡 BLOG

https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1

miércoles, 23 de septiembre de 2026

CONCENTRACIÓN DIANTE DA ESCOLA. POLA SEGURIDADE DO ALUMNADO

miércoles, septiembre 23, 2026 0

 


🚨 CONCENTRACIÓN POLA SEGURIDADE DO NOSO ALUMNADO 🚨

Ante os acontecementos vividos nos últimos días e a inacción das institucións responsables de velar pola seguridade e integridade física dos nosos fillos e fillas, convocamos a TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA a unha concentración na porta do colexio.

📅 Xoves 24 de setembro
⏰ De 8:45 a 9:00 h
📍 Na porta do colexio

Animamos a toda a comunidade educativa a participar e a facernos escoitar. A seguridade dos nosos nenos e nenas non pode esperar.

💪🏻 SEGUIMOS COA LOITA

ESIXIMOS A REFORMA INTEGRAL QUE O NOSO CENTRO NECESITA CON URXENCIA!!

Pola seguridade dos nosos fillos e fillas.
Pola súa integridade.
Pola escola que merecen.

Agardámosvos!


_____________________



📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA! 


💚 WHATSAPP

https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G


🌈INSTAGRAM

https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu


💙 TELEGRAM

https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg


🧡 BLOG

https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1





lunes, 21 de septiembre de 2026

CADRO PROVISIONAL DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2026/2027

lunes, septiembre 21, 2026 0

 

 


Familias, unha vez rematado o prazo de inscrición, compartimos o provisional de actividades extraescolares.

Para entendelo dunha ollada:
🟢 Verde: actividades que saen adiante.
🔴 Vermello: actividades que non se realizarán por falta de inscricións.
🟠 Laranxa: actividades que están preto de formar grupo.

Estas son as actividades nas que aínda pode haber cambios:
* English Lab Infantil: falta só 1 alumno/a para formar grupo. Se algunha familia está interesada, aínda está a tempo de inscribirse. Prazo: xoves 24.
* Sonicreques: polo momento hai poucas inscricións. Se ao longo desta semana non se suma máis alumnado, a actividade non poderá realizarse en ningún dos grupos e horarios.
* Judo: hai 7 inscritos/as de 16:00 a 17:00 e 8 de 17:00 a 18:00. Aínda hai marxe para anotarse. Se non aumenta o número de participantes, é posible que a actividade teña que concentrarse nun único horario.
* Escola de Maxia, 4º, 5º e 6º de Primaria: hai 5 alumnos/as inscritos/as. Se se apuntan 3 máis, o grupo poderá saír adiante. Prazo: xoves 24.

Como inscribirse?


Nas actividades da Federación, ao estar xa fóra do prazo ordinario, hai que escribir a: actividades@fedapascoruna.org


Sonicreques: https://sonicreques.wordpress.com/2026/06/12/inscripciones-2026-2027/


Judo: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfv83eIEvgom0AO9PKFyFpIZODPzfXwpKH94JtlYc-zYE15Tg/viewform


Fútbol: josealbertomaceirasmartinez@hotmail.com


Ioga en familia: apaherrerias@gmail.com

A vindeira semana publicaremos o cadro definitivo de actividades.

 

____________________



📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA! 


💚 WHATSAPP

https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G


🌈INSTAGRAM

https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu


💙 TELEGRAM

https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg


🧡 BLOG

https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1

domingo, 20 de septiembre de 2026

AVISO!!

domingo, septiembre 20, 2026 0

 Estimadas familias:

Poñemos no voso coñecemento que, con data do 18 de setembro, comunicóusenos que, durante os traballos de instalación da liña de vida, se producira un esborralle de material de grandes dimensións dentro das instalacións do centro, máis concretamente nas dependencias de secretaría no primeiro andar.A día de hoxe, e pendentes dunha revisión técnica, o centro transmítenos tranquilidade, aínda que non pode garantir de forma documentada a seguridade das instalacións, xa que as administracións non achegaron ningún informe técnico que a avalíe ou certifique.Non dispoñemos de máis información; en canto teñamos novidades, transmitirémolas polas canles habituais.

viernes, 18 de septiembre de 2026

LISTAS ADMITIDOS NATACIÓN ESCOLAR

viernes, septiembre 18, 2026 0

 📢 XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS LISTAS DE ADMITIDOS DE NATACIÓN ESCOLAR! 🏊‍♂️


Xa podedes consultar as listaxes de alumnas/os admitidos para os cursos de natación dirigido a 3º y 4º de primaria na seguinte ligazón:


https://www.coruna.gal/descarga/1453927126432/Listaxe-Asignacion-Prazas---Natacion-Escolar-2026-27.pdf


🗓️ Formalización de matrícula: O prazo para apuntarse vai dende o luns 21 ata o vindeiro xoves 24. 


Débese realizar de xeito presencial nas oficinas da piscina municipal de San Amaro.


Por favor, revisade as listas canto antes para non perder a vosa praza. Se tedes calquera dúbida, podedes poñervos en contacto con nos no correo: 📮apaherrerias@gmail.com


_____________________



📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA! 


💚 WHATSAPP

https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G


🌈INSTAGRAM

https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu


💙 TELEGRAM

https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg


🧡 BLOG

https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1

miércoles, 16 de septiembre de 2026

CONVOCATORIA | PRIMEIRA ASEMBLEA DO CURSO 2026/2027

miércoles, septiembre 16, 2026 0


Convocamos a todas as persoas socias da ANPA á primeira asemblea deste curso, un encontro no que compartiremos información, trataremos temas importantes e tomaremos decisións que afectan á nosa comunidade educativa.


💚 A vosa participación é moi importante. A asemblea é un dos principais espazos dos que dispoñemos as familias para formar parte activa da comunidade educativa, achegar propostas, expresar opinións e participar na toma de decisións.


Porque a ANPA facémola entre todas e todos, e a participación das familias é fundamental para seguir construíndo xuntas a escola que queremos.


📅 Data: 29 de setembro  

🕐 Hora: 16:00

📍 Lugar: Biblioteca do cole 


Agardámosvos! 💚



_____________________



📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA! 


💚 WHATSAPP

https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G


🌈INSTAGRAM

https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu


💙 TELEGRAM

https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg


🧡 BLOG

https://anpaherrerias.blogspot.com/?m=1