Familias, unha vez rematado o prazo de inscrición, compartimos o provisional de actividades extraescolares.
Para entendelo dunha ollada:
🟢 Verde: actividades que saen adiante.
🔴 Vermello: actividades que non se realizarán por falta de inscricións.
🟠 Laranxa: actividades que están preto de formar grupo.
Estas son as actividades nas que aínda pode haber cambios:
* English Lab Infantil: falta só 1 alumno/a para formar grupo. Se algunha familia está interesada, aínda está a tempo de inscribirse. Prazo: xoves 24.
* Sonicreques: polo momento hai poucas inscricións. Se ao longo desta semana non se suma máis alumnado, a actividade non poderá realizarse en ningún dos grupos e horarios.
* Judo: hai 7 inscritos/as de 16:00 a 17:00 e 8 de 17:00 a 18:00. Aínda hai marxe para anotarse. Se non aumenta o número de participantes, é posible que a actividade teña que concentrarse nun único horario.
* Escola de Maxia, 4º, 5º e 6º de Primaria: hai 5 alumnos/as inscritos/as. Se se apuntan 3 máis, o grupo poderá saír adiante. Prazo: xoves 24.
Como inscribirse?
Nas actividades da Federación, ao estar xa fóra do prazo ordinario, hai que escribir a: actividades@fedapascoruna.org
Sonicreques: https://sonicreques.wordpress.com/2026/06/12/inscripciones-2026-2027/
Judo: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfv83eIEvgom0AO9PKFyFpIZODPzfXwpKH94JtlYc-zYE15Tg/viewform
Fútbol: josealbertomaceirasmartinez@hotmail.com
Ioga en familia: apaherrerias@gmail.com
A vindeira semana publicaremos o cadro definitivo de actividades.
____________________
📢 FAMILIAS , mantédevos informadas de todas as novidades da ANPA!
https://whatsapp.com/channel/0029VbBJVqd0AgW6mhaehN3G
https://www.instagram.com/anpaherrerias?igsh=MWp1MTF5bGl2aXhu
💙 TELEGRAM
https://t.me/joinchat/AAAAAEVSRXDmpTfDkwrcdg
🧡 BLOG

No hay comentarios:
Publicar un comentario