Con motivo da folga convocada HOXE, queremos informarvos de que non podemos garantir o funcionamento habitual dos seguintes servizos:
Madrugadores
Comedor
Actividades extraescolares
QUE DEBEMOS TER EN CONTA?
Desde a organización intentarase manter a maior normalidade posible e garantir estes servizos na medida do posible.
Os traballadores e traballadoras non teñen a obriga de comunicar previamente se van secundar a folga, polo que non podemos coñecer con antelación a dispoñibilidade de persoal.
RECOMENDACIÓNS ÁS FAMILIAS
Recomendamos que teñades previstas alternativas para o coidado dos nenos e nenas por se algún dos servizos non puidese funcionar con normalidade.
É importante que esteades localizables nos teléfonos de contacto facilitados a comezos de curso, por se fose necesario contactar con vós ante calquera incidencia ou situación imprevista.
MANTERÉMOSVOS INFORMADOS
Calquera información nova que nos fagan chegar será trasladada ás familias coa maior brevidade posible.
Grazas pola vosa atención!
ANPA HERRERÍAS

No hay comentarios:
Publicar un comentario