A xunta directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos Herrerías do CEIP Cidade Vella convoca ás familias á asemblea xeral que terá lugar o 12 de decembro de 2024, ás 16:30 h en primeira convocatoria e 17:00 hen segunda, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:
1. Aprobación da acta da anterior asemblea
2. Postura da ANPA e posibles medidas a adoptar ante o recorte de persoal docente e as eventuais ausencias do persoal específico para o alumnado con necesidades especiais de apoio educativo
3. Deficiencias no edificio do CEIP Cidade Vella e propostas para solventalas.
4. Modificación do punto IV do protocolo de comedor escolar
5. Exposición doutros aspectos na xestión da ANPA
6. Achegas e preguntas
A Coruña, 28 de novembro de 2024
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario