lunes, 30 de septiembre de 2024

MAÑÁ COMEZAN AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES!

Benqueridas familias,


Mañá comezan as actividades extraescolares do curso 2024/2025! Por favor, lembrade ser puntuais nos horarios de entrega e recollida para facilitar o desenvolvemento das actividades. 


Ningún rapaz poderá marchar só, ou con alguén que non sexa unha persoa previamente autorizada, se non ten unha autorización escrita para facelo. No caso dunha urxencia ou dun caso puntual é preciso poñerse en contacto con SerOcio para comunicarlle o nome e o DNI da persoa que vai recoller ao neno ou nena ese día.


Recordade que se NON sodes socios da ANPA deberedes abonar unha COTA DE MATRICULACIÓN de 22 euros anuais por familia, como usuarios das actividades, que servirá para financiar o servizo de coordinación de extraescolares. 


Para iso tedes que facer unha transferencia ao número de conta ARQUIA Banca IBAN ES62 3183 1500 9631 1975 0523 indicando no concepto da transferencia "COTA ACTIVIDADES 2024/25 e nome e apelidos do alumno/a” e enviar o xustificante de pago ao noso correo electrónico apaherrerias@gmail.com.


Se sodes socios/as da Anpa Herrerías ESTA MATRÍCULA É GRATUITA.


No caso de que, unha vez iniciadas as clases, alguén queira darse de baixa ou de alta nalgunha actividade, poderá facelo (sempre que existan prazas libres) enviando un e-mail a actividades.serocio@gmail.com antes do día 26 de cada mes, e a modificación terá efectos a partir do mes seguinte.



Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario