jueves, 20 de junio de 2024

QUE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES QUERES O PRÓXIMO CURSO? CONTESTA A NOSA ENQUISA!

Benqueridas familias!


Estamos organizando a oferta de actividades extraescolares para o curso 2024-25. Para ofrecer unha programación de actividades que se axuste ás preferencias e necesidades dos nosos nenos e nenas, gustaríanos contar coa vosa colaboración. Por favor, se tedes interese en inscribir aos vosos fillos/as en actividades extraescolares do centro no curso 2024/25, dedicade uns minutos a completar esta enquisa (cubride unha enquisa por menor) antes do 30 de xuño. 


A vosa opinión é fundamental para organizar unha oferta de actividades que beneficie ao máximo aos nosos nenos e nenas. Cubrir a enquisa non garante que se vaian ofertar todas as que solicitedes, pero intentaremos organizar as extraescolares en torno ás preferencias da maioría das familias.


Notaredes que na enquisa non aparecen deportes con rodas, como por exemplo, patinaxe: isto débese a que nos vemos obrigados a retirar este tipo de actividades da nosa oferta polas condicións do noso patio exterior cando chove. 


Anímate a contestar e axúdanos a organizar unha proposta de extraescolares axeitada para a nosa rapazada!


Grazas de antemano pola vosa participación!


Atentamente,

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario