A xunta directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos Herrerías do CEIP Cidade Vella convoca ás familias á asemblea xeral que terá lugar o martes, día 18 de xuño, ás 16.00 h. en primeira convocatoria e 16.30 h en segunda, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día:
1. Lectura e aprobación de acta da anterior asemblea
2. Informe do estado das contas da ANPA
3. Exposición das últimas iniciativas na xestión da ANPA
4. Protocolo de comedor e madrugadores
5. Cambio da xunta directiva e incorporación de novas persoas
6. Achegas e preguntas
A Coruña, 4 de xuño de 2024
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario