martes, 22 de junio de 2021

Última dia do curso

 Bos días familias,

Hoxe é o último día dun curso moi atípico.

Como sabedes dende a ANPA Herrerias gústanos festexar o fin de curso sempre cunha festa no que tódalas familias do cole están convidadas a pasar unha tarde de lecer con xogos e música. Este ano non vai a poder ser.

O que si queremos alomenos é premiar a tódolas nenas e nenos do cole cun pequeno detalle que lle entregaremos esta mañán… por que foron un exemplo de boa actitude e de civismo que, xunto co esforzo de toda a comunidade educativa do noso centro, fixo que a fin de curso poidamos dicir que foi todo ben.


Ademais Jardanay, como tódolos anos, este último día terá un menú máis festivo para despedirse.

Por último, engadir que os próximos días informaremos sobre o procedemento para apuntarse ao comedor para o curso que ben. Así que estade atentos/as.

Despedímonos desexando un bo verán a todos e todas e agardando que o ano que ven poidamos recuperar un pouco de normalidade, festas, actividades, etc...

Un saúdo
ANPA Herrerias

No hay comentarios:

Publicar un comentario