jueves, 10 de diciembre de 2020

Contas exercicio 2019-2020

Boas tardes a tódalas familias,

Chegadas estas datas, e como tódolos anos, deberíase convocar unha asamblea ordinaria de socios/as para presentar as contas do exercicio anterior. Como realmente non existen outros temas a tratar decidimos facelo dun xeito diferente para non ter que reunirnos dadas as circunstancias provocadas polo covid e asi evitar riscos innecesarios, en especial xusto antes das festas de nadal.

1- No seguinte documento facemos públicas as contas do curso pasado e damos un prazo de 5 días hábiles para que se pregunten dúbidas e se presenten alegacións se así se considerase a través do noso mail de contacto.

2- Tamén a través do mesmo mail e no mesmo prazo rogamos se comunique se alguén non está de acordo coa renovación da actual xunta directiva ou alguén quere incorporarse para colaborar voluntariamente na nosa labor.

O mail de contacto é o habitual apaherrerias@gmail.com onde tamén coma sempre nos podedes facer chegar calquera suxestión ou dúbida.

Grazas pola vosa atención.

A Xunta Directiva ANPA Herrerías.

 

https://drive.google.com/file/d/1YTYAhRDTewPDKtcfD5LeeZV39GZ0OSZo/view?usp=sharing

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario