jueves, 20 de agosto de 2020

Recordatorio inscricións comedor

Lembrámovos que xa está aberto o prazo de inscrición para o comedor  na páxina web de Jardanay e estará aberto ata o día 4 de setembro. Se ben gustaríanos que, dentro do posible, fagades as inscricións canto antes para poder ter máis información sobre cantas familias estarían interesadas nos servizos.

Por outro lado, e xa que recibimos varias preguntas ao respecto, comunicarvos que este ano a renovación e inscrición como socios será telemática e estamos a traballar para poder abrir o prazo canto antes. Pensamos nos vindeiros días poder darvos máis información sobre como proceder a través desta canle e a través da conta de Telegram.


Estannos chegando tamén notificacións de que ao realizar as inscricións na web de Jardanay non vos chega sempre o mail de confirmación.
Se é o voso caso por favor revisade a carpeta de spam e se aí tampouco aparece, chámade as oficinas de Jardanay para confirmar que a inscripción lles chegou correctamente. 


Grazas a tódalas familias pola súa comprensión e paciencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario