martes, 10 de junio de 2025

MAÑÁ SERÁ O ÚLTIMO DÍA PARA RECOLLER OS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 23/24

martes, junio 10, 2025 0

Benqueridas familias,


Mañá mércores, 11 de xuño, de 14 a 18 h, será o último día para recoller no local da ANPA os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2023/2024 (é dicir, do curso pasado). Esta subvención é para TODO O ALUMNADO QUE UTILIZASE O COMEDOR EXCEPTO OS QUE FORON BENEFICIARIOS DA BOLSA COMEDOR MUNICIPAL, xa que estas persoas quedan exentas da axuda. 


Non é preciso ter solicitado ou tramitado nada: é a ANPA Herrerías quen realiza a xestión ante a Xunta de Galicia e quen revisa os datos con Jardanay.


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI, NIE ou documento de identidade equivalente. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.



Unha aperta!

ANPA Herrerías


martes, 3 de junio de 2025

CONVOCATORIA DA ASEMBLEA ORDINARIA DA ANPA HERRERÍAS

martes, junio 03, 2025 0



A xunta directiva da Asociación de Nais e Pais de Alumnos Herrerías do CEIP Cidade Vella convoca ás familias á asemblea xeral que terá lugar o mércores, día 18 de xuño, ás 16.00 h. en primeira convocatoria e 16.30 h en segunda, na biblioteca do colexio, coa seguinte orde do día: 


1. Aprobación da acta da anterior asemblea

2. Informe do estado das contas da ANPA

3. Exposición das últimas iniciativas na xestión da ANPA

4. Cambio da xunta directiva e incorporación de novas persoas

5. Achegas e preguntas



A Coruña, 3 de xuño de 2025


ANPA Herrerías


martes, 27 de mayo de 2025

ENTREGA DOS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 23/24 PARA TODAS AS FAMILIAS USUARIAS EXCEPTO AS BENEFICIARIAS DA BOLSA COMEDOR DO CONCELLO

martes, mayo 27, 2025 0

Benqueridas familias,


A próxima semana repartiremos os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2023/2024 (é dicir, do curso pasado). Esta subvención é para TODO O ALUMNADO QUE UTILIZASE O COMEDOR EXCEPTO OS QUE FORON BENEFICIARIOS DA BOLSA COMEDOR MUNICIPAL, xa que estas persoas quedan exentas da axuda. 


Non é preciso ter solicitado ou tramitado nada: é a ANPA Herrerías quen realiza a xestión ante a Xunta de Galicia e quen revisa os datos con Jardanay.


Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA dende o luns 2 ata o xoves 5 de xuño de 16 a 18 h; e o venres 6 de xuño de 16 a 17 h.


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI, NIE ou documento de identidade equivalente. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.


Se alguén non pode recoller o cheque nestes días, pode poñerse en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com) para tratar de buscar unha solución.



Unha aperta!

ANPA Herrerías

viernes, 23 de mayo de 2025

CÓDIGO DE DESCONTO PARA O ESPECTÁCULO DE BIBOPALULA

viernes, mayo 23, 2025 0

Benqueridas familias,


O espectáculo musical Bibopalula, baseado na serie de debuxos en galego de Xabarin.gal, virá á cidade o sábado, 7 de xuño, no Teatro Colón, e ata o 31 de maio temos desconto dun 20% nas entradas. Cando as merquedes debedes introducir o código cidadevella 

 

Bibopalula é a historia da Banda do Bosque: o paporrubio Robin, a pega Pegui, o merlo Merli e o peto Carpin, que deciden formar un grupo musical. Viven nun bosque, e o medio natural e os seus ciclos son protagonistas das súas aventuras. Cada capítulo da serie remata cunha canción orixinal.

 

A obra está producida por Ainé, a produtora que está detrás dalgúns dos espectáculos máis exitosos do teatro galego na última década; protagonizada por Lidia Veiga, e escrito e dirixido por Marta Lado, autora tamén de A Pita Xefa, que foi III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade.


O espectáculo, que dura 50 minutos, está pensado para nenas e nenos de 4 a 8 anos. Tedes toda a información nesta ligazón.


Unha aperta!

ANPA Herrerías

jueves, 15 de mayo de 2025

ESTE VERÁN NON HABERÁ CAMPAMENTO NO COLEXIO DEBIDO A QUE O CONCELLO SE COMPROMETEU A REPARAR O MURO DO PATIO

jueves, mayo 15, 2025 0

Benqueridas familias,


Desde o Concello da Coruña informáronnos de que prevén realizar traballos de reparación no muro do patio do CEIP Cidade Vella unha vez finalice o curso escolar. Polo tanto, ao ser incompatibles estes arranxos co desenvolvemento de actividades nas instalacións (e non ter datas aínda definitivas de cando se van facer) non poderemos organizar campamento de verán no colexio, para garantir a seguridade da rapazada.


O compromiso do goberno municipal de reparar o muro chega tras diversas xuntanzas e conversas mantidas pola Dirección do centro e por representantes da ANPA Herrerías, nas que insistimos na necesidade de subsanar as múltiples deficiencias que hai no edificio do colexio. Desde a ANPA tamén solicitamos manter unha reunión con representantes coa Xunta de Galicia para tratar este asunto, se ben aínda non recibimos resposta á nosa petición.


Unha aperta!

ANPA Herrerías





martes, 18 de marzo de 2025

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR PARA O CURSO 2025/2026

martes, marzo 18, 2025 0

Dende hoxe e ata o 4 de abril está aberto o prazo para solicitar as bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2025/2026. Toda a información da convocatoria pódese consultar:



Para acceder á bolsa, a persoa solicitante deberá (entre outros requisitos):

  •  Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido (NIF)
  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña
  • Ter a súa matrícula (ou solicitude de matrícula) nun centro educativo do termo municipal da Coruña
  • Realizar as xestións para ter asignada, ao comezo do curso escolar, unha das prazas na modalidade presencial do comedor e asistir a el todos os días (de luns a venres) durante todo o período lectivo, de setembro de 2025 a xuño de 2026


Unha aperta!

ANPA Herrerías

jueves, 20 de febrero de 2025

O 27 DE FEBREIRO NON HABERÁ ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES A PARTIR DAS 16 H POLA FESTA DE ENTROIDO

jueves, febrero 20, 2025 0


Benqueridas familias!

Debido á festa de Entroido o día 27 de febreiro, xoves, non haberá actividades extraescolares a partir das 16 h. Haberá un servizo de conciliación opcional de 16 a 17 h para os rapaces apuntados a estas actividades (inglés, judo e baloncesto) e que non poidan ser recollidos antes polas súas familias.

A actividade de Fun English (que se fai en horario de 15:30 a 16:00 h) desenvolverase con normalidade.



Lembrade que, coma sempre, podedes enviarnos as vosas consultas e achegas á nosa conta de e-mail: apaherrerias@gmail.com 

Unha aperta!
ANPA Herrerías

miércoles, 8 de enero de 2025

miércoles, 4 de diciembre de 2024

CAMPAMENTO DE NADAL NO COLEXIO

miércoles, diciembre 04, 2024 0

Benqueridas familias!


Un ano máis, SerOcio organizará un campamento de Nadal no noso colexio durante todo o período non lectivo de Nadal, do 23 de decembro ao 7 de xaneiro.



Existen opcións de inscrición por semanas ou por días soltos, e servizos de madrugadores, comedor e cambiadores. Podedes atopar toda a información sobre horarios e prezos, e realizar a vosa inscrición, nesta ligazón.



Unha aperta!

ANPA Herrerías