lunes, 5 de septiembre de 2022

CANCELACIÓN DAS ACTIVIDADES DE CONCILIACIÓN POR FALTA DE INSCRITOS E ÚLTIMOS DÍAS DE PREINSCRICIÓN PARA AS EXTRAESCOLARES

Benqueridas familias,


Informámosvos de que finalmente non se celebrarán nas tardes de setembro actividades de conciliación debido a que non houbo o número de nenos inscritos suficientes en ningún dos horarios propostos.


Ademais, aproveitamos para lembrarvos que o prazo de preinscrición para as actividades extraescolares está aberto ATA O DÍA 15 deste mes; podedes atopar toda a información neste mesmo blog ou no noso canal de Telegram.


Tanto para participar nas actividades extraescolares como para obter unha PRAZA NO COMEDOR é IMPRESCINDIBLE


👉 Ser socios da ANPA. É necesario inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) cubrindo o formulario que se atopa na páxina web da propia ANPA.


👉 Pagar anualmente a cota de 15 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.


👉 Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com).


Se aínda non o fixestes, podedes realizar a inscrición a través desta ligazón.


Unha aperta!


ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario