miércoles, 9 de septiembre de 2020

Normas de convivencia

Estimadas familias,


Mañá comezamos un curso atípico pero que todos agardamos con impaciencia e con ganas.
 

Dende a ANPA Herrerías gustaríanos, por favor, recalcar a importancia de que todos e todas coñezamos e fagamos o posible por respectar as normas de convivencia que se nos indican tanto dende o centro como dende os servizo de comedor nesta nova etapa que se nos presenta. Por favor,  en especial a puntualidade,  respectar o distanciamento e o uso de máscara ó achegarnos ó centro.


O protocolo do centro estará publicado en breve e recomendamos por favor que todos atopemos un momento para lelo e así coñecer como vai a ser o funcionamento e as rutinas dos nosos nenos e nenas e sobre todo as nosas obrigas como familias.


Grazas polo esforzo e agardamos que teñamos un bo curso e que axiña podamos de novo volver ás  rutinas máis flexibles, a xogar e reunirnos con liberdade. Mentras tanto, pedimos responsabilidade.

ANPA Herrerías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario