Estimadas familias,
Mañá comezamos un curso atípico pero que todos agardamos con impaciencia e con ganas.
Dende a ANPA Herrerías gustaríanos, por favor, recalcar a importancia de que todos e todas coñezamos e fagamos o posible por respectar as normas de convivencia que se nos indican tanto dende o centro como dende os servizo de comedor nesta nova etapa que se nos presenta. Por favor, en especial a puntualidade, respectar o distanciamento e o uso de máscara ó achegarnos ó centro.
O protocolo do centro estará publicado en breve e recomendamos por favor que todos atopemos un momento para lelo e así coñecer como vai a ser o funcionamento e as rutinas dos nosos nenos e nenas e sobre todo as nosas obrigas como familias.
Grazas polo esforzo e agardamos que teñamos un bo curso e que axiña podamos de novo volver ás rutinas máis flexibles, a xogar e reunirnos con liberdade. Mentras tanto, pedimos responsabilidade.
ANPA Herrerías.
No hay comentarios:
Publicar un comentario