domingo, 12 de mayo de 2024

MOSTRAS DE FIN DE CURSO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Benqueridas familias,


Nas próximas semanas cada actividade extraescolar organizará unha mostra ou xornada de portas abertas ás familias para que poidades ver e desfrutar dos progresos da rapazada. Facémosvos chegar o cadro coas datas das distintas exhibicións que, ao igual que o curso pasado, terán lugar no propio colexio. 


As mostras terán lugar no horario habitual da actividade. Pregamos máxima puntualidade ás familias para non entorpecer o funcionamento do centro: de non estar presente no momento de apertura da porta do colexio non se poderá acceder despois. 


Ademais, lembrámosvos que as actividades extraescolares inclúen o mes de xuño ata o remate do período lectivo, sempre que non haxa baixas que obriguen á cancelación da actividade por non cumprir o número mínimo de inscritos. Neste caso, buscaremos solucións de conciliación alternativas.


Se alguén ten intención de causar baixa nalgunha actividade extraescolar o próximo mes de xuño, debe comunicalo o antes posible enviando un email a actividades.serocio@gmail.com co fin de reorganizar os grupos de ser necesario.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario