jueves, 11 de mayo de 2023

MOSTRAS DE FIN DE CURSO DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Benqueridas familias,


Nas próximas semanas cada actividade extraescolar organizará unha mostra ou xornada de portas abertas ás familias para que poidades ver e desfrutar dos progresos da rapazada. Facémosvos chegar o cadro coas datas das distintas exhibicións, que este ano terán lugar no propio colexio. 





Cada actividade ten marcado o horario do inicio da exhibición, que non sempre coincide co comezo da clase. Pregamos MÁXIMA PUNTUALIDADE ás familias para non entorpecer o funcionamento do centro: de non estar presente no momento de apertura da porta do colexio non se poderá acceder despois


Ás mostras poderán acudir dous familiares por alumno, excepto nas actividades de Brain e judo, ás que só poderá acudir unha persoa por cada neno. 


Ademais, lembrámosvos que este curso o servizo das actividades extraescolares ampliouse para incluír o mes de xuño ata o remate do período lectivo, sempre que non haxa baixas que obriguen á cancelación da actividade por non cumprir o número mínimo de inscritos. Neste caso, buscaremos solucións de conciliación alternativas.


Se alguén ten intención de causar baixa nalgunha actividade extraescolar o próximo mes de xuño, por favor, que nolo comunique o antes posible enviando un email ao correo apaherrerias@gmail.com co fin de reorganizar os grupos coa maior celeridade.


Unha aperta!

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario