miércoles, 27 de julio de 2022

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRICIÓN PARA AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-2023


Benqueridas familias,


Dende hoxe e ata o 15 de setembro está aberto o prazo de preinscrición para as actividades extraescolares do próximo curso 2022-2023.


Poñemos á vosa disposición o dossier informativo da proposta de actividades ampliado co método de preinscrición:


Lembramos que, como se explica no dossier, para poder participar nestas actividades son condicións indispensables:

  • Que a familia sexa socia da ANPA (o formulario de inscrición está neste mesmo blog) e ter aboada a cota anual de 15 euros por familia (independentemente do número de fillos).
  • Pagar unha cota de matriculación de 20 euros anuais por neno (que servirá para financiar o servizo de coordinación de actividades e o seguro de accidentes). 


Se tedes dúbidas podedes envialas, coma sempre, ao noso mail apaherrerias@gmail.com.

Unha aperta!


ANPA Herrerías




No hay comentarios:

Publicar un comentario