miércoles, 23 de febrero de 2022

CONVOCATORIA XUNTA ORDINARIA ANPA HERRERÍAS

Pola presente convócase ás socias/as da Asociación de nais e pais de alumnos/as Herrerías do CEIP Cidade Vella á xunta xeral ordinaria que terá lugar o próximo día 10 de marzo ás 15.30h en primeira convocatoria e ás 16 h en segunda, no salón de actos do cole coa seguinte orde do día:

1. Lectura e aprobación de acta da xunta ordinaria anterior.
2. Informe e estado das contas
3. Balance das últimas decisión tomadas pola xunta directiva respecto á organización dos servizos prestados pola asociación
4. Informe do estado do proxecto de patios
5. Chamamento a novos socios/as a unirse á xunta directiva para facer unha renovación da mesma.
6. Rogos e preguntas

Gustaríanos por favor destacar a importancia de tratar o punto 5.

Como ben sabedes esta asociación, ademais de garantir a comunicación fluída entre os diferentes estamentos da comunidade educativa do noso centro, organiza e xestiona actividades de importancia para os nenos e nenas e para a conciliación das familias como son o comedor e as actividades extraescolares que de non poder garantir a continuidade no traballo da xunta directiva veríanse afectadas.
Por eso facemos un chamamento ás familias para que se unan a colaborar de xeito activo no traballo da xunta directiva.

IMPORTANTE

Debido a situación pandémica que estamos a vivir o aforo no salón de actos é limitado e debe ser controlado polo que solicitamos a tódolos socios/as que vaian a acudir á reunión:

1. Soamente se admitirá unha persona asistente por familia (non nenos/as)
2. Envíen previamente un mail apaherrerias@gmail.com indicando nome e apelidos do socio/a asistente e número telefono.

Na Coruña a 23 de febreiro de 2022
ANPA HERRERÍAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario