martes, 12 de julio de 2022

LISTAXE PROVISIONAL DE CONCESIÓN E DENEGACIÓN DAS BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR

Benqueridas familias, 


O Concello da Coruña vén de publicar a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023. Pódense consultar:


Os listados identifican as solicitudes atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial e ao número de expediente asignado.


O prazo para a presentación das alegacións é do 12 ao 26 de xullo de 2022, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (que se pode solicitar no 010 ou online), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal ou en calquera outro dos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario