jueves, 11 de noviembre de 2021

Talleres de igualdade para alumnado e familias

Estas son as actividades coas que os nosos nenos e nenas poderán aprender EN IGUALDADE e desfrutar ao mesmo tempo. Todas as actividades faranse a nivel aula co obxectivo de respetar as medidas COVID.

  • 3 anos - 17 de novembro

- Contacontos teatral: “O ratiño presumido” a cargo da compañía Trinke Trinke.

A través deste contacontos se pretende fomentar o valor da igualdade, promover a coeducación non sexista e romper con roles e estereotipos de xénero. 

A ratiña Lily Gruyere, que representa unha figura de poder, recibe un encargo profesional: dirixir o musical O ratiño presumido, para o que conta coa axuda do seu veciño o Rato Fuco. Nesta ocasión farán a súa propia versión (O ratiño presumido).
Antes da sesión Lily terá tempo para aconsellar a Fuco sobre un problema que está tendo ultimamente no cole: búrlanse del e lle chaman nenaza por ir a clases de danza. Lily sabe como axudar ao seu amigo, a través dos contos!”

  • 4 e 5 anos - 19 de novembro

- Contacontos teatral: “Aprendendo a querer” a cargo da compañía Trinke Trinke.

A través desta representación axúdase a estimular a autoestima; a identificar e distinguir as relacións afectivas sás e insás, evidenciando a través de distintas escenas as conductas positivas e negativas, e a posterior análise e valoración por parte do alumnado, e a aprender que as persoas que nos queren de verdade son as que nos coidan e respectan. 

A ratiña falará de cariño e de quererse ben e para iso, primeiro, temos que querenos ben a nós mesmos, pois todos somos únicos e importantes. Isto chámase autoestima. O conto de YO é un bonito eloxio desta cualidade.

Utilizando unha lámina presentaranos aos seus seres queridos comentando que, ás veces, quen nos quere pode facernos dano e viceversa. O público deberá valorar e dicir se os ratiños están a quererse ben ou mal. Como despedida contarase unha pequena historia de amor “Mi vecina está enamorada”

  • 1º, 2º e 3º de primaria - 1ª sesión: 18 de novembro. 2ª sesión: 25 de novembro

- Obradoiro: “Coñecendo o noso propio corpo”, a cargo de Rexenerando Sociedade Cooperativa. 

Con este obradoiro o alumnado traballará o autocoñecemento do propio corpo e as emocións desde unha perspectiva coeducativa.
Nunha primeira sesión, abordarase a propia percepción do corpo e desmontaranse estereotipos de xénero asociados ao aspecto físico das persoas.
Na segunda sesión, falarase de como nos sentimos cando experimentamos unhas ou outras emocións, e que ten iso que ver coa igualdade entre nenos e nenas.
A reflexión e o diálogo combínanse con exercicios prácticos para as e os participantes, onde se incorpora a creatividade plástica.


  • 4º, 5º e 6º de primaria - 1ª sesión 19 de novembro. 2ª sesión: 26 de novembro


- Obradoiro: “Xogando en igualdade”, a cargo de Rexenerando Sociedade Cooperativa.

O obxectivo deste obradoiro é reflexionar sobre os estereotipos de xénero no xogo, a literatura, o audiovisual e o lecer en xeral, fomentando a liberdade de escolla das nenas e nenos, achegando recursos non sexistas e xerando espazos máis diversos e inclusivos.

Na primeira sesión analizaremos algúns dos seus referentes cunha mirada de xénero, e na segunda exporemos outros recursos alternativos que favorezan un lecer máis inclusivo, respectuoso e divertido.

  • Charla para as familias: 30 de novembro no Centro Cívico Cidade Vella

Agardamos as vosas inscricións no correo habitual: apaherrerias@gmail.com poñendo no asunto “Inscrición Charla Igualdade”

 


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario