Estimadas familias,
O Servizo municipal de Deportes infórmanos que volve poñer en marcha a Campaña de Natación Escolar dirixida, como sempre, aos escolares de 2º ciclo de Educación Primaria. Achegamos información relativa a este programa que, este ano, xestionará directamente a área de Deportes do Concello da Coruña.
- A Campaña de Natación Escolar organizada polo Servizo municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2o ciclo de Ed. Primaria (3o e 4o curso) de Centros Públicos.
- O número de prazas ofertadas é de 15.
- A Campaña levarase a cabo na Piscina do Clube do Mar os mércores de 17:15 a 18:00h.
- O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.
- Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. O centro garantirá a presenza dun adulto que será o responsable dos alumnos durante o tempo que permanezan na parada. Por este motivo é necesario de algún voluntario para cumprir este punto, xa que de outra forma non será posible levar a cabo esta actividade. Aquelas persoas que se queran presentar voluntarias, por favor poñédevos en contacto co ANPA a través do noso e-mail apaherrerias@gmail.com
- Os horarios e lugar de recollida e entrega dos alumnos será o seguinte.
- O custo por alumno é de 47,52€. Esta cota inclue o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria.
- A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta: Os colexios que acudan á Piscina de San Amaro: Nas oficinas do Club del Mar.
- A data prevista de comenzo da Campaña de Natación Escolar será o 15 de novembro.
- Nomearase por parte de cada centro un/ha coordinador/a da campaña de natación que será a persoa de referencia á efectos de recibir as notificacións e transmitilas ás familias.
- Unha vez feita a inscrición dos alumnos, informarase ao coordinador/a da Campaña de Natación de cada centro, do número de escolares admitidos, así como dos horarios definitivos da actividade.
Nas seguintes ligazóns podedes atopar os documentos de referencia para esta actividade:
Carta informativa Concelleria de deportes da Coruña
Información familias natación San Amaro
Coma sempre, estamos á vosa disposición ante calquera dúbida.
ANPA Herrerías
No hay comentarios:
Publicar un comentario