miércoles, 12 de agosto de 2026

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2026/2027

Recorda que xa está aberto o prazo de inscrición nas actividades extraescolares do curso 2026/2027! 🎉 🎨🏃‍♀️

Desde a ANPA preparamos unha proposta variada de actividades pensadas para que as nenas e nenos poidan aprender, crear, facer deporte, desenvolver a súa creatividade e, sobre todo, pasalo ben.

Este curso contamos con:

  • 🇬🇧 Inglés
  • 🎨 Expresión plástica
  • 🤸 Xogos e movemento
  • 🧪✨ Ciencia e maxia
  • 🎭 Teatro
  • Predeporte
  • 🏃 Multideporte
  • 🎵 Música
  • 🧘‍♀️ Ioga en familia
  • 🥋 Xudo
  • Fútbol
  • 👧👦 Cóxegas, para facilitar a conciliación durante o mes de setembro.

📅 Inicio das actividades

As actividades extraescolares comezarán o 1 de outubro de 2026.

No caso de Cóxegas, o servizo estará dispoñible durante o mes de setembro, como opción para facilitar a conciliación das familias antes do inicio das actividades extraescolares.

📝 Inscricións

As prazas son limitadas e asignaranse por orde sde inscrición, polo que recomendamos realizar a inscrición canto antes.

Toda a información sobre horarios, prezos, condicións e inscricións na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1q9h4nmD5e8JXGQp4QOlzTRkioh_-YRJu/view?usp=drivesdk


💚 Agardamos que atopedes entre todas as propostas aquela actividade que máis lles guste ás vosas crianzas e que desfruten dun curso cheo de aprendizaxes, deporte, creatividade e diversión!


No hay comentarios:

Publicar un comentario