lunes, 12 de junio de 2023

ÚLTIMA SEMANA PARA RECOLLER OS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 2021/22

Benqueridas familias,


Esta semana terminaremos de entregar os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2021/2022 (é dicir, do curso pasado) para os alumnos que non foron beneficiarios da bolsa comedor, xa que estes quedan exentos da axuda. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.


Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA os días:

  • Luns, 12 de xuño, de 16 h a 17 h
  • Martes, 13 de xuño, de 16.30 h a 18 h
  • Venres, 16 de xuño, de 9 h a 10 h e de 16 h a 17 h


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI ou documento de identidade equivalente.


Coma sempre, se tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com). Unha aperta!


ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario