martes, 6 de junio de 2023

REPARTO DOS CHEQUES DAS AXUDAS PARA O COMEDOR DO CURSO 2021/22

 Benqueridas familias,


Nos próximos días repartiremos os cheques correspondentes á subvención do servizo de comedor do curso 2021/2022 (é dicir, do curso pasado) para os alumnos que non foron beneficiarios da bolsa comedor, xa que estes quedan exentos da axuda. A cantidade é proporcional ao uso do comedor nese período.


Podedes recoller os vosos cheques no local da ANPA os días:

-Xoves, 8 de xuño,  de 16.00 h a 17.00 h

-Venres, 9 de xuño, de 9.00 a 10.00 h e de 16.00 a 17.00 h


Os cheques son nominais e deberán ser recollidos pola persoa que solicitou o servizo de comedor a Jardanay o curso pasado, que terá que identificarse mediante o seu DNI ou documento de identidade equivalente.


Se alguén non pode recoller o cheque nestes días, pode poñerse en contacto coa ANPA a través do noso correo electrónico (apaherrerias@gmail.com) para tratar de buscar unha solución.



Unha aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario