lunes, 17 de abril de 2023

AMPLIACIÓN ATA O MES DE XUÑO DO SERVIZO DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CURSO 2022-2023

Benqueridas familias,


Este curso, por petición de diversas familias e coa finalidade de facilitar a conciliación, decidimos ampliar o servizo das actividades extraescolares incluíndo o mes de xuño, ata o remate do período lectivo deste curso, sempre que non haxa baixas que obriguen á cancelación da actividade por non cumprir o número mínimo de inscritos. Neste caso, buscaremos solucións de conciliación alternativas.


Polo tanto, rogamos que se alguén ten intención de causar baixa nalgunha actividade extraescolar no mes de xuño nolo comunique o antes posible enviando un email ao correo apaherrerias@gmail.com coa fin de reorganizar os grupos coa maior celeridade.


Aproveitamos para informarvos de que, ao longo do mes de xuño, cada actividade extraescolar organizará unha mostra ou xornada de portas abertas ás familias para poder ver e desfrutar dos progresos da rapazada. Pronto comunicaremos as datas. 


Unha aperta!

ANPA Herrerías


No hay comentarios:

Publicar un comentario