viernes, 21 de octubre de 2022

TERRORÍFICA FESTA DE DISFRACES NO COLEXIO POLO SAMAÍN!


Benqueridas familias,


Preparade os vosos disfraces, porque a ANPA Herrerías celebrará, en colaboración co CEIP Cidade Vella, unha terrorífica festa de disfraces polo Samaín o xoves día 27 de 16:30 h a 19:00 h. Para que a rapazada o pase de medo contaremos cunha chea de actividades, como:

👻 animadores

👻 xogos tradicionais

👻 pintacaras 

👻 obradoiro de chapas

👻 globoflexia

👻 e un fotomatón no que os monstruiños poderanse facer todas as fotos que queiran!


Ademais destas actividades, organizadas pola empresa Duende Sico, contamos coa colaboración do alumnado de 6º de Educación Primaria e as súas familias, que terán un kiosko e un mercadillo para reunir fondos para a viaxe de fin de curso.


A festa estará aberta só para as familias do colexio e o acceso farase pola porta lateral do edificio. 


(Lembrade que ese día, debido á celebración da festa, non haberá actividades extraescolares.)


Así que poñede a punto as vosas vasoiras, sacádelle brillo ás cabazas e botade aos morcegos dos vosos faiados, porque o xoves 27 contamos con vós!


Unha tenebrosa aperta!

ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario