miércoles, 10 de agosto de 2022

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS SERVIZOS DE COMEDOR, MADRUGADORES E CAMBIADORES

Benqueridas familias, 


Lembrámosvos que o prazo de inscrición para os servizos de comedor, madrugadores e cambiadores está xa aberto e podedes apuntar aos nenos/as ata o día 30 de agosto. Como xa se fixo nos últimos anos, a inscrición realízase a través da web de Jardanay cos seguintes identificadores:


👤Usuario: cidadevella 


🔒Contrasinal: comedores2022


Lembramos que para poder utilizar estes servizos é IMPRESCINDIBLE

  1. Ser socios da ANPA. É necesario inscribirse cada curso (aínda que xa se fixese en anos anteriores) dende esta mesma páxina web.
  2. Pagar anualmente a cota de 15 euros por familia no número de conta indicado no formulario de inscrición.
  3. Enviar o xustificante do pago ao noso mail (apaherrerias@gmail.com).


Por último, lembramos que a solicitude da bolsa comedor non equivale a un posto no comedor do colexio, polo que é preciso facer a inscrición tal e como se vén de explicar. Ademais, mentres non estea concedida a bolsa débese pagar igualmente o servizo á empresa Jardanay. 



Unha aperta!


ANPA Herrerías

No hay comentarios:

Publicar un comentario