Bos días familias,
Hoxe é o último día dun curso moi atípico.
Como
sabedes dende a ANPA Herrerias gústanos festexar o fin de curso sempre
cunha festa no que tódalas familias do cole están convidadas a pasar
unha tarde de lecer con xogos e música. Este ano non vai a poder ser.
O
que si queremos alomenos é premiar a tódolas nenas e nenos do cole cun
pequeno detalle que lle entregaremos esta mañán… por que foron un
exemplo de boa actitude e de civismo que, xunto co esforzo de toda a
comunidade educativa do noso centro, fixo que a fin de curso poidamos
dicir que foi todo ben.
Ademais Jardanay, como tódolos anos, este último día terá un menú máis festivo para despedirse.
Por
último, engadir que os próximos días informaremos sobre o procedemento
para apuntarse ao comedor para o curso que ben. Así que estade
atentos/as.
Despedímonos desexando un bo verán a todos e todas e
agardando que o ano que ven poidamos recuperar un pouco de normalidade,
festas, actividades, etc...
Un saúdo
ANPA Herrerias
No hay comentarios:
Publicar un comentario