Lembrámovos que xa está aberto o prazo de inscrición para o comedor na páxina web de Jardanay e estará aberto ata o día 4 de setembro.
Se ben gustaríanos que, dentro do posible, fagades as inscricións
canto antes para poder ter máis información sobre cantas familias
estarían interesadas nos servizos.
Por outro lado, e xa que recibimos varias preguntas ao respecto, comunicarvos que este ano a renovación e inscrición como socios será telemática
e estamos a traballar para poder abrir o prazo canto antes. Pensamos
nos vindeiros días poder darvos máis información sobre como proceder a
través desta canle e a través da conta de Telegram.
Estannos chegando tamén notificacións de que ao realizar as inscricións na web
de Jardanay non vos chega sempre o mail de confirmación.
Se é o
voso caso por favor revisade a carpeta de spam e se aí tampouco
aparece, chámade as oficinas de Jardanay para confirmar que a
inscripción lles chegou correctamente.
Grazas a tódalas familias pola súa comprensión e paciencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario